DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES




Boas!

No día de hoxe estivemos pensando moito sobre as mulleres máis importantes das nosas vidas. E sobre as mulleres que fixeron e fan tarefas que non se lles recoñecen ou que non se valoran o suficiente.


      

Descubrimos que hai inventos que non puideron chegar a ser patentados polas súas inventoras porque eran mulleres, que houbo escritoras que tiveron que publicar con nome de home e que houbo homes que levaron premios grazas á labor das mulleres que os rodeaban.
 

Descubrimos que as mulleres poden e deben estar en todas partes e adicarse ao que elas queiran.






Descubrimos que, a pesar do moito que melloramos, aínda nos queda moito camiño por andar a todos e todas para que poidamos falar de verdadeira IGUALDADE en todos os ámbitos.



Seguiremos loitando, sen violencia pero con ganas, para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria; unha sociedade na que todas e todos poidamos ser libres e onde non haxa discriminación de ningún tipo. Así que, mañá seguiremos.

Saudiños de Ef a todas as mulleres e nenas do mundo! E a todos os homes e os nenos que crean que un mundo mellor é posible! 

















Comentarios